lunes, 22 de octubre de 2012

A documentación informativa


A DOCUMENTACIÓN INFORMATIVA


Resumo

A documentación informativa pode ser entendida como unha ciencia ou ben, como unha disciplina que está directamente vencellada coas ciencias da información en xeral e co xornalismo en particular. A documentación, tal e como a coñeciamos ata agora, está mudando. A entrada e expansión da Internet fai que aumenten exponencialmente as posibilidades de contrastación e de atopar fontes de información, aínda que non implica que estas sexan necesariamente aptas ou de calidade. Esta materia responde a unha serie de principios fundamentais e cumpre determinadas funcións que perseguen o cumplimento dun fin primordial: a satisfacción das necesidades da información. Os centros documentais son tremendamente importantes para o almacenamento e o emprego de contidos. A documentación realiza un servizo á sociedade e axuda ao xornalismo ao exercicio deste con maior rigor e brillantez.

Palabras clave
  • Documentación: informativa e xornalística
  • Contexto mediático actual o panorama comunicativo
  • Espazo virtual
  • Multiperspectivismo, pluralidade
  • Rigor, profesionalidade, honestidade, calidade.
  • Contrastación, planificación, refutación, conciencia crítica, planificación, estruturación.
  • Fontes de información
  • Necesidades informativas
  • Xornalista, redactor. Documentalista
  • Fondos documentais, arquivos, centros de documentación, contidos
  • Realidade, veracidade
  • Perdurabilidade

Introdución

Ninguén pode negar as mudanzas no mundo da comunicación dende a chegada e expansión da Internet. A Rede transformou o xornalismo a niveis que nin sequera hoxe en día podemos delimitar. É moi arriscado aventurar o futuro da profesión, que inevitablemente vai vencellado ao oficio de documentalista e da documentación informativa en sí mesma. Internet supuxo unha apertura de información cercana ao infinito. Os custes da creación e mantemento dun medio de comunicación diminuíron exponencialmente. Perspectivas que ata agora non tiñeron cabida no mercado tradicional poden gozar de espazo onde desenvolver tratamentos informativos e formatos novedosos, até interesantes para un público que estaba resignado aos grandes grupos comunicativos.

Nembargantes, e sobre todo dende os últimos anos,  existen espazos virtuais onde algúns xogan a ser xornalistas pasando por alto o compromiso inesquecible da profesión coa verdade. Simplificando, cibermedios traballan a diario baixo a máxima do “todo vale”. Na actualidade abundan os confidenciais, blogs e webs que empreñan métodos de dubidosa factura co fin de gañar adeptos nun mercado que se volve cada vez máis esixente. É nesta parte onde entra a documentación informativa.

A documentación informativa é necesaria hoxe máis que nunca. O documentalista ten que ser un apoio indispensable do xornalista cando vai desenvolver o seu labor, sobre todo se se trata de investigacións. Pero tamén, esta emblemática figura está a carón do lector ou ouvinte. O documentalista ten unha responsabilidade, se cadra indirecta, ante a sociedade, xa que, o se realiza o seu traballo con boa factura, o máis probable é que nos atopemos cun medio de comunicación que difunde información  de calidade, con tódolos matices positivos que implica para unha sociedade aberta. A documentación cambia segundo o xénero xornalístico (investigación, sucesos, reportaxes, noticias estritamente informativas) segundo o soporte onde se plasman as noticias (Internet, prensa, radio televisión), máis concretamente, mudan as necesidades documentais. Non obstante, sempre é preciso contar cun número suficiente de fontes que poidan aportar ao xornalismo datos precisos, renovados, primarios e veraces para sacar á luz ou como guía para proseguir coas investigacións.

A chegada de Internet tamén cambiou o cómo, o canto e o onde na documentación. Os wikis e páxinas especializadas nun eido concreto do coñecemento ilustran, en boa medida, os avances da sociedade moderna da información. A diversidade multiplicouse por cifras altísimas. Estariamos ante un erro de base se afirmaramos que na Rede atopamos os trazos da verdade absoluta. O verdadeiro enriquecemento informativo chega co multiperspectivismo nas fontes e na complementareidade dos distintos soportes. Os fondos documentais escritos, os tradicionais, albergan contidos que probablemente fosen cribados con maior rigor que moitos dos que podemos ver en Internet con só facer un clic. O internauta que precise información, tamén debe saber distinguir as noticias que poden estar sesgadas das que non, e para eso, é vital acudir á contrastación e manter o interese por achar as fontes primarias.

En definitiva, é necesario reivindicar o papel da documentación nun escenario de mudanzas e modernidade. O século XXI agarda polo filtrado de informacións que respondan aos valores de rigor, independencia, profesionalidade e honestidade; e para conseguir este obxectivo, a documentación é imprescindible.

Concepto
A documentación, segundo a RAE, é a acción ou efecto de documentar. E esta última, na primeira das súas acepcións, é probar ou xustificar a verdade con documentos. A RAG remítenos a unha definición coma esta: proporcionar a [alguén] documentación, información ou calquera tipo de datos interesantes sobre un asunto determinado. Para o obxectivo deste traballo, a acepción en castelán achéganos máis ao que estamos a tratar. Esta definición deixa claro que o xornalista, na busca e posterior difusión da verdade, ten que emitir unha serie de probas que certifiquen a lexitimidade e a realidade dos seus traballos. Expertos coma José López Yepes califican a documentación como ciencia, á mesma vez que a enmarcan dentro da ciencia da información. Eulalia Fuentes i Pujol afirman que a documentación ten unha serie de características xerais que comparten todas as  súas modalidades. Entre elas se atopan  a dualidade  das fontes de información (difunde información e a recibe), aa multiplicación constante de información, lo que xera problemas espaciais, repeticións frecuentes e problemas na búsqueda nos fondos documentales; o perigo da obsolescencia dos contidos, a diversidade dos receptores da documentación; o conflito entre texto e imaxe; e a necesidade común de documentarse con velocidades para achegar una resposta pronta ao lector.
Unha vez delimitadas as características principais, cómpre delimitar as funcións máis importantes da documentación e dos equipos que se encargan desta materia nos medios de comunicación. A documentación aporta fontes concretas que facilitan a contrastación, permite contextualizar mellor os temas e ás veces, toma a iniciativa na axenda mediática dun medio propoñendo temas novos para publicar ou difundir.

Gabriel Galdón e LLuís Codina fixeron unha distinción entre a documentación informativa e a documentación xornalística, esta última focalizada na produción de pezas xornalísticas de calidade, perdurábeis no tempo e aptas para a súa difusión.



Principios
Como xa mencionamos con anterioridade, un dos principios máis básicos da documentación é a necesidade de información contrastada e fidedigna.  E para acadar esto último, non hai máis que poñer en práctica os fundamentos xerais da investigación, indagación, búsqueda, planificación, estruturación, recollida de datos,  contrastación, refutación e presentación do traballo realizado.

Tamén é preciso unha boa selección das fontes de información e ter en conta que a diversidade das mesmas enriquecerá a nosa labor. A combinación de medios virtuais (vídeos, audio, imaxes, documentos na rede…) e bibliografía (ensaios, informes, manuais de consulta, enciclopedias, diccionarios..) aumenta o multiperspectivismo.

Outro dos principios chave neste eido da comunicación é  a pluralidade. Ás veces, as fontes informativas, ata as oficiais, responden a criterios non estritamente vencellados á realidade. Algúns datos ou contidos poden presentar sesgos importantes que necesitamos ter en conta na nosa documentación. Por iso, a combinación de información provinte de fontes diversas e plurais, incluso con ámbitos ideológicos contrapostos, aumenta a calidade do noso traballo.

O experto Gabriel Galdón (1985) publicou algúns traballos teóricos sobre a documentación informativa nos que expuxo os seguintes principios: os teleolóxicos e os formales e circunstanciais. Respecto dos primeiros, veñen definidos polos obxectivos finais e son tres: verificativo (comprobación da verdade), explicativo (causa final da documentación, carácter aclaratorio) e editorial (orientada á justificación de opinións). En canto ás formales e circunstanciais, podemos sinalar tamén tres: perdurabilidade, adecuación funcional (a documentación adáptase ao medio) e limitativo (referente aos límites do exercicio da documentacións).

Características da información na actualidade  

Para o profesor Félix del Valle Gastaminza, profesor na Facultade de Información da Universidade Complutense de Madrid, a información na actualidade é un entramado de causas e consecuencias froito da actividade política, económica, social e cultural do home; en contraposición á definición de actualidade como conxunto de feitos puntuais. Esto nos leva a que existe unha interrelación de noticias. Segundo o profesor Gastaminza, a información de hoxe en día se caracteriza por unha gran desigualdade no tratamento dos temas, á vez que se mestura a superficialidade coa profundidade nos medios de comunicación. A miúdo se plantexan problemas como a excesiva repetición de contidos que habitualmente responden a intereses extraxornalísticos e a obsolescencia de temas, o cal dificulta a conservación das informacións.

Segundo Amat y Blasco, existen un conxunto de características vinculadas á documentación informativa, como poden ser: as informacións cíclicas ou episódicas, a redundancia, a concentración nos mesmos protagonistas, a variedade de soportes, a fragmentación da mensaxe, os documentos compostos, a velocidade da actualidade informativa e o emprego da omisión nas súas variantes.

Funcións

Para o profesor Galdón, a documentación cumple diversas funcións. Entre elas destacamos:
A función preparatoria: diminúe o grao de ignorancia previo do xornalista cara o que vai informar. Aporta informacións con anterioridade necesarias para un tratamento informativo de calidade.
A función crítico-verificadora: otorga ao xornalista contidos necesarios para que desenvolva unha conciencia crítica documentada ante o obxecto informativo. Así, poderá tirar conclusións fundadas sobre os temas en cuestión.
A función completiva: exerce unha misión contextualizadora ante o que se vai contar.
A función lingüístico-clarificadora: o documentalista pon a disposción do usuario unha serie de apoios lingüísticos, como diccionarios e normativas, para paliar a falta de comprensión e fomentar un emprego adecuado da lingua.
A función modélico narrativa: concede contidos vitais para coñercer as boas artes da redacción e facilitar deste modo, a facilidade interpretativa do que se vai a difundir.
A función orientadora: suministran estudos sociolóxicos que permiten coñecer aos xornalistas as necesidades informativas dos cidadáns e o tratamento editorial a que a estas se lles pode dar.
A función de actualización científica: evitan a monotonía na que se poida ver inmiscuído o redactor como consecuencia das rutinas axendísticas. O documentalista resitúa ao profesional da información no contexto comunicativo e acota os seus límites neste espazo.
A función informativa propia: ten que ver coa dimensión dos fondos documentales. O conxunto de arquivos de documentación enriquecen a un medio de comunicación e convirten, ás veces, ao documentalista nun verdadeiro redactor especializado.


Finalidade da documentación

Como vimos dicindo ao longo deste traballo, a finalidade máis primaria da documentación informativa, tanto nas súas variantes como no cumplimento das súas distintas funcións é paliar as necesidades informativas dos usuarios. Pero tamén, sobre todo nos tempos actuais, pode adquirir unha finalidade alternativa: o filtrado. O exceso de ruído no contexto mediático facilita a aparición de información que non cumpren cuns estándares de calidade e profesionalidade mínimos para podelas calificar de xornalísticas ou documentais. Por eso, a documentación pode cribar ese “lixo” que pulula en moitos soportes.
O finalidade primordial da documentación leva implícitos os conceptos de rigor, investigación e calidade; evitando así a polución da que estamos a falar. A satisfacción das necesidades informativas pode darse a distintos niveis: cronolóxico (anterior ou posterior) e funcional (facendo uso das funcións que mencionamos no apartado anterior). Deste modo, a documentación diminúe a ignorancia, o descoñecemento, crea pezas que contribúen ao desenvolvemento do coñecemento, fomenta o rigor e as opinións fundamentadas, e crea sociedades máis avanzadas.

Centro de documentación dun medio: funcións, características e fins

Juan Luís Cebrián, xornalista, académico e presidente de PRISA; dixo nunha ocasión que o centro documental dun xornal é o cerebro da redacción, e distingue aos grandes sornáis do resto de medios impresos. O centro de documentación informativa é a “cociña” ou “almacén” onde se crean e se almacenan todos os arquivos que teñen que ver con este eido.  Podemos atopalos en medios de comunicación de calquer soporte, aínda que tradicionalmente alcanzou un desenvolvemento notorio coa prensa. Os centros de documentación informativa gardan documentos de toda índole: escritos, sonoros, gráficos e audiovisuais. E existen varios tipos de centros: arquivos de prensa ou hemerotecas, fototecas, fonotecas e arquivos audiovisuais.
Ernest Abadal Filgueras mantén que tanto a creación dun centro documental como a súa organización precisa dunha disposición diferenciada dos contidos, que adoitan ser moi diversos.
Os centros de documentación máis especializados poden estar segmentados en unidades: fondos documentais, análise documental, tratamento informático, recuperación e unidade auxiliar.

Entre as funcións destes órganos vitais da documentación podemos sinalar, segundo Gabriel Galdón: proporcionan fontes para a contrastación de datos, dispoñer de fontes para a contextualización, serve de fonte para novos temas e informacións, constitúen un patrimonio cultural importante, pódense comercializar algúns dos seus contidos para extraer beneficio e os documentos que albergan os centros de documentación poden ser reutilizados se é preciso.

Mapa conceptual

Bibliografía. Fontes
·         Fuentes i Pujol,  Mª Eulàlia: Manual de documentación periodística, Madrid, Síntesis, 1995
·         Galdón, Gabriel (coord.): Teoría y práctica de la documentación informativa, Barcelona, Ariel, 2002.
·         Galdón López, Gabriel: Principios operativos de la documentación periodística, Madrid, Dossat, 1989





No hay comentarios:

Publicar un comentario