A DOCUMENTACIÓN INFORMATIVA
Resumo
A
documentación informativa pode ser entendida como unha ciencia ou ben, como
unha disciplina que está directamente vencellada coas ciencias da información
en xeral e co xornalismo en particular. A documentación, tal e como a
coñeciamos ata agora, está mudando. A entrada e expansión da Internet fai que
aumenten exponencialmente as posibilidades de contrastación e de atopar fontes
de información, aínda que non implica que estas sexan necesariamente aptas ou
de calidade. Esta materia responde a unha serie de principios fundamentais e
cumpre determinadas funcións que perseguen o cumplimento dun fin primordial: a
satisfacción das necesidades da información. Os centros documentais son
tremendamente importantes para o almacenamento e o emprego de contidos. A
documentación realiza un servizo á sociedade e axuda ao xornalismo ao exercicio
deste con maior rigor e brillantez.
Palabras clave
- Documentación:
informativa e xornalística
- Contexto mediático
actual o panorama comunicativo
- Espazo virtual
- Multiperspectivismo,
pluralidade
- Rigor,
profesionalidade, honestidade, calidade.
- Contrastación,
planificación, refutación, conciencia crítica, planificación, estruturación.
- Fontes de
información
- Necesidades
informativas
- Xornalista,
redactor. Documentalista
- Fondos
documentais, arquivos, centros de documentación, contidos
- Realidade,
veracidade
- Perdurabilidade
Introdución
Ninguén
pode negar as mudanzas no mundo da comunicación dende a chegada e expansión da
Internet. A Rede transformou o xornalismo a niveis que nin sequera hoxe en día
podemos delimitar. É moi arriscado aventurar o futuro da profesión, que
inevitablemente vai vencellado ao oficio de documentalista e da documentación
informativa en sí mesma. Internet supuxo unha apertura de información cercana
ao infinito. Os custes da creación e mantemento dun medio de comunicación diminuíron
exponencialmente. Perspectivas que ata agora non tiñeron cabida no mercado
tradicional poden gozar de espazo onde desenvolver tratamentos informativos e
formatos novedosos, até interesantes para un público que estaba resignado aos
grandes grupos comunicativos.
Nembargantes,
e sobre todo dende os últimos anos,
existen espazos virtuais onde algúns xogan a ser xornalistas pasando por
alto o compromiso inesquecible da profesión coa verdade. Simplificando,
cibermedios traballan a diario baixo a máxima do “todo vale”. Na actualidade
abundan os confidenciais, blogs e webs que empreñan métodos de dubidosa factura
co fin de gañar adeptos nun mercado que se volve cada vez máis esixente. É
nesta parte onde entra a documentación informativa.
A
documentación informativa é necesaria hoxe máis que nunca. O documentalista ten
que ser un apoio indispensable do xornalista cando vai desenvolver o seu labor,
sobre todo se se trata de investigacións. Pero tamén, esta emblemática figura
está a carón do lector ou ouvinte. O documentalista ten unha responsabilidade,
se cadra indirecta, ante a sociedade, xa que, o se realiza o seu traballo con
boa factura, o máis probable é que nos atopemos cun medio de comunicación que
difunde información de calidade, con
tódolos matices positivos que implica para unha sociedade aberta. A
documentación cambia segundo o xénero xornalístico (investigación, sucesos,
reportaxes, noticias estritamente informativas) segundo o soporte onde se
plasman as noticias (Internet, prensa, radio televisión), máis concretamente,
mudan as necesidades documentais. Non obstante, sempre é preciso contar cun
número suficiente de fontes que poidan aportar ao xornalismo datos precisos,
renovados, primarios e veraces para sacar á luz ou como guía para proseguir
coas investigacións.
A
chegada de Internet tamén cambiou o cómo, o canto e o onde na documentación. Os
wikis e páxinas especializadas nun eido concreto do coñecemento ilustran, en
boa medida, os avances da sociedade moderna da información. A diversidade
multiplicouse por cifras altísimas. Estariamos ante un erro de base se
afirmaramos que na Rede atopamos os trazos da verdade absoluta. O verdadeiro
enriquecemento informativo chega co multiperspectivismo nas fontes e na
complementareidade dos distintos soportes. Os fondos documentais escritos, os
tradicionais, albergan contidos que probablemente fosen cribados con maior
rigor que moitos dos que podemos ver en Internet con só facer un clic. O
internauta que precise información, tamén debe saber distinguir as noticias que
poden estar sesgadas das que non, e para eso, é vital acudir á contrastación e
manter o interese por achar as fontes primarias.
En
definitiva, é necesario reivindicar o papel da documentación nun escenario de
mudanzas e modernidade. O século XXI agarda polo filtrado de informacións que
respondan aos valores de rigor, independencia, profesionalidade e honestidade;
e para conseguir este obxectivo, a documentación é imprescindible.
Concepto
A
documentación, segundo a RAE, é a acción ou efecto de documentar. E esta
última, na primeira das súas acepcións, é probar ou xustificar a verdade con
documentos. A RAG remítenos a unha definición coma esta: proporcionar a [alguén]
documentación, información ou calquera tipo de datos interesantes sobre un
asunto determinado. Para
o obxectivo deste traballo, a acepción en castelán achéganos máis ao que
estamos a tratar. Esta definición deixa claro que o xornalista, na busca e
posterior difusión da verdade, ten que emitir unha serie de probas que
certifiquen a lexitimidade e a realidade dos seus traballos. Expertos
coma José López Yepes califican a documentación como ciencia, á mesma vez que a
enmarcan dentro da ciencia da información. Eulalia Fuentes i Pujol afirman que
a documentación ten unha serie de características xerais que comparten todas
as súas modalidades. Entre elas se
atopan a dualidade das fontes de información (difunde información
e a recibe), aa multiplicación constante de información, lo que xera problemas
espaciais, repeticións frecuentes e problemas na búsqueda nos fondos
documentales; o perigo da obsolescencia dos contidos, a diversidade dos
receptores da documentación; o conflito entre texto e imaxe; e a necesidade
común de documentarse con velocidades para achegar una resposta pronta ao
lector.
Unha
vez delimitadas as características principais, cómpre delimitar as funcións
máis importantes da documentación e dos equipos que se encargan desta materia
nos medios de comunicación. A documentación aporta fontes concretas que
facilitan a contrastación, permite contextualizar mellor os temas e ás veces,
toma a iniciativa na axenda mediática dun medio propoñendo temas novos para
publicar ou difundir.
Gabriel
Galdón e LLuís Codina fixeron unha distinción entre a documentación informativa
e a documentación xornalística, esta última focalizada na produción de pezas
xornalísticas de calidade, perdurábeis no tempo e aptas para a súa difusión.
Principios
Como
xa mencionamos con anterioridade, un dos principios máis básicos da
documentación é a necesidade de información contrastada e fidedigna. E para acadar esto último, non hai máis que
poñer en práctica os fundamentos xerais da investigación, indagación, búsqueda,
planificación, estruturación, recollida de datos, contrastación, refutación e presentación do
traballo realizado.
Tamén
é preciso unha boa selección das fontes de información e ter en conta que a
diversidade das mesmas enriquecerá a nosa labor. A combinación de medios
virtuais (vídeos, audio, imaxes, documentos na rede…) e bibliografía (ensaios,
informes, manuais de consulta, enciclopedias, diccionarios..) aumenta o
multiperspectivismo.
Outro
dos principios chave neste eido da comunicación é a pluralidade. Ás veces, as fontes
informativas, ata as oficiais, responden a criterios non estritamente
vencellados á realidade. Algúns datos ou contidos poden presentar sesgos
importantes que necesitamos ter en conta na nosa documentación. Por iso, a
combinación de información provinte de fontes diversas e plurais, incluso con
ámbitos ideológicos contrapostos, aumenta a calidade do noso traballo.
O
experto Gabriel Galdón (1985) publicou algúns traballos teóricos sobre a documentación
informativa nos que expuxo os seguintes principios: os teleolóxicos e os
formales e circunstanciais. Respecto dos primeiros, veñen definidos polos
obxectivos finais e son tres: verificativo (comprobación da verdade),
explicativo (causa final da documentación, carácter aclaratorio) e editorial
(orientada á justificación de opinións). En canto ás formales e
circunstanciais, podemos sinalar tamén tres: perdurabilidade, adecuación
funcional (a documentación adáptase ao medio) e limitativo (referente aos
límites do exercicio da documentacións).
Características da información na
actualidade
Para
o profesor Félix del Valle Gastaminza, profesor na Facultade de Información da
Universidade Complutense de Madrid, a información na actualidade é un entramado
de causas e consecuencias froito da actividade política, económica, social e
cultural do home; en contraposición á definición de actualidade como conxunto
de feitos puntuais. Esto nos leva a que existe unha interrelación de noticias.
Segundo o profesor Gastaminza, a información de hoxe en día se caracteriza por
unha gran desigualdade no tratamento dos temas, á vez que se mestura a superficialidade
coa profundidade nos medios de comunicación. A miúdo se plantexan problemas
como a excesiva repetición de contidos que habitualmente responden a intereses
extraxornalísticos e a obsolescencia de temas, o cal dificulta a conservación
das informacións.
Segundo
Amat y Blasco, existen un conxunto de características vinculadas á
documentación informativa, como poden ser: as informacións cíclicas ou
episódicas, a redundancia, a concentración nos mesmos protagonistas, a
variedade de soportes, a fragmentación da mensaxe, os documentos compostos, a
velocidade da actualidade informativa e o emprego da omisión nas súas
variantes.
Funcións
Para
o profesor Galdón, a documentación cumple diversas funcións. Entre elas
destacamos:
A
función preparatoria: diminúe o grao de ignorancia previo do xornalista cara o
que vai informar. Aporta informacións con anterioridade necesarias para un
tratamento informativo de calidade.
A
función crítico-verificadora: otorga ao xornalista contidos necesarios para que
desenvolva unha conciencia crítica documentada ante o obxecto informativo. Así,
poderá tirar conclusións fundadas sobre os temas en cuestión.
A
función completiva: exerce unha misión contextualizadora ante o que se vai
contar.
A
función lingüístico-clarificadora: o documentalista pon a disposción do usuario
unha serie de apoios lingüísticos, como diccionarios e normativas, para paliar
a falta de comprensión e fomentar un emprego adecuado da lingua.
A
función modélico narrativa: concede contidos vitais para coñercer as boas artes
da redacción e facilitar deste modo, a facilidade interpretativa do que se vai
a difundir.
A
función orientadora: suministran estudos sociolóxicos que permiten coñecer aos
xornalistas as necesidades informativas dos cidadáns e o tratamento editorial a
que a estas se lles pode dar.
A
función de actualización científica: evitan a monotonía na que se poida ver
inmiscuído o redactor como consecuencia das rutinas axendísticas. O
documentalista resitúa ao profesional da información no contexto comunicativo e
acota os seus límites neste espazo.
A
función informativa propia: ten que ver coa dimensión dos fondos documentales.
O conxunto de arquivos de documentación enriquecen a un medio de comunicación e
convirten, ás veces, ao documentalista nun verdadeiro redactor especializado.
Finalidade da documentación
Como
vimos dicindo ao longo deste traballo, a finalidade máis primaria da
documentación informativa, tanto nas súas variantes como no cumplimento das
súas distintas funcións é paliar as necesidades informativas dos usuarios. Pero
tamén, sobre todo nos tempos actuais, pode adquirir unha finalidade
alternativa: o filtrado. O exceso de ruído no contexto mediático facilita a
aparición de información que non cumpren cuns estándares de calidade e
profesionalidade mínimos para podelas calificar de xornalísticas ou
documentais. Por eso, a documentación pode cribar ese “lixo” que pulula en
moitos soportes.
O
finalidade primordial da documentación leva implícitos os conceptos de rigor,
investigación e calidade; evitando así a polución da que estamos a falar. A
satisfacción das necesidades informativas pode darse a distintos niveis: cronolóxico
(anterior ou posterior) e funcional (facendo uso das funcións que mencionamos
no apartado anterior). Deste modo, a documentación diminúe a ignorancia, o
descoñecemento, crea pezas que contribúen ao desenvolvemento do coñecemento,
fomenta o rigor e as opinións fundamentadas, e crea sociedades máis avanzadas.
Centro de documentación dun medio:
funcións, características e fins
Juan
Luís Cebrián, xornalista, académico e presidente de PRISA; dixo nunha ocasión
que o centro documental dun xornal é o cerebro da redacción, e distingue aos
grandes sornáis do resto de medios impresos. O centro de documentación
informativa é a “cociña” ou “almacén” onde se crean e se almacenan todos os
arquivos que teñen que ver con este eido.
Podemos atopalos en medios de comunicación de calquer soporte, aínda que
tradicionalmente alcanzou un desenvolvemento notorio coa prensa. Os centros de
documentación informativa gardan documentos de toda índole: escritos, sonoros,
gráficos e audiovisuais. E existen varios tipos de centros: arquivos de prensa
ou hemerotecas, fototecas, fonotecas e arquivos audiovisuais.
Ernest
Abadal Filgueras mantén que tanto a creación dun centro documental como a súa
organización precisa dunha disposición diferenciada dos contidos, que adoitan
ser moi diversos.
Os
centros de documentación máis especializados poden estar segmentados en
unidades: fondos documentais, análise documental, tratamento informático,
recuperación e unidade auxiliar.
Entre
as funcións destes órganos vitais da documentación podemos sinalar, segundo
Gabriel Galdón: proporcionan fontes para a contrastación de datos, dispoñer de
fontes para a contextualización, serve de fonte para novos temas e
informacións, constitúen un patrimonio cultural importante, pódense
comercializar algúns dos seus contidos para extraer beneficio e os documentos
que albergan os centros de documentación poden ser reutilizados se é preciso.
Mapa conceptual
Bibliografía. Fontes
·
Fuentes i Pujol, Mª Eulàlia: Manual de documentación periodística, Madrid, Síntesis, 1995
·
Galdón, Gabriel (coord.): Teoría y
práctica de la documentación informativa, Barcelona, Ariel, 2002.
·
Galdón López, Gabriel: Principios operativos
de la documentación periodística, Madrid, Dossat, 1989